Anxo Sánchez González, arquitecto

Fotografía

Escolma de fotografías de temática variada, coma mostra da afición por esta disciplina.

Ningunha das fotografías foi retocada dixitalmente.

Preséntanse datos sobre a imaxe e técnica usada. As imaxes preséntanse a pouca resolución (se precisas dalgunha para uso comercial contacta para coñecer as condicións de uso)

O meu horreo preferido, entre árbores.

Fotografía dixital en cor, sen tratamento adicional - Xullo do 2007.

A miña bicicleta no Camiño de Santiago preto de Hontanas del Camino (Burgos)

Fotografía sobre papel en cor - Xullo do 1995.

Billas de auga, cun curioso contraste causado polo óxido.

Fotografía sobre papel en B/N - ano 1994.

Detalle de fonte no patio de armas do Palazzo Pitti en Florencia (Italia).

Fotografía sobre papel en cor - ano 2005.

Baiser de l'Hôtel de Ville.

Moitos anos despois de que Robert Doisneau tomase a súa famosa fotografía "Baiser de l'Hôtel de Ville", coincidiu que eu atopei de casualidade a outra parella bicándose a carón do Carrousel que está diante do Hôtel de Ville en París. Fotografía analóxica revelada sobre papel en cor - ano 2008

Pórtico exterior da Catedral de Lugo (Praza de Santa María) de noite.

Fotografía dixital tomada ca cámara dun teléfono LG-KG800.

Tunel no monte Palatino en Roma.

A fotografía recolle un espacio que so se pode apreciar desta forma nunha fotografía, xa que é un espacio moi escuro. Fotografía sobre papel en cor - ano 1993, cunha apertura de 8 segundos e apertura de F.2.

Coches, coches, coches e máis coches. Os donos das nosas cidades.

Fotografía sobre papel en B/N - ano 1994 (Sen ningún tratamento ou retoque, imaxe real).

Unha imaxe suxerente en contrapicado.

Fotografía lixeiramente sobreexposta sobre papel en cor, ano 1999 (Modelo: Nerea Nazabal).

Un mariñeiro a contraluz.

Fotografía sobre papel en cor dunha figura de bronce de máis de cen anos.

Porta de alpendre, que aproximadamente un ano despois colapsou.

Fotografía sobreexposta sobre papel en B/N mate - ano 1993.

Boca de incendios no campus da Zapateira da Universidade da Coruña.

Fotografía sobre papel en B/N mate - ano 1993.

O ceo, o mar e maila terra, cuns tons metálicos no orixinal.

Fotografía sobre papel en cor - ano 2001.

Imaxe co sol no occidente da Estación de Oriente en Lisboa...

Fotografía sobre papel en cor - ano 1998.

Casa vella, fiestra vella, menciñas, soedade,... unha triste vellez.

Fotografía sobre papel en cor - ano 2003.

Detalle da estructura da pirámide de vidro de I. M. Pei no museo do Louvre.

Fotografía sobre papel en cor - ano 1995.