Anxo Sánchez González, arquitecto

Folla de cálculo de peches de edificios (en formato de Microsoft Excel) que analiza o seu comportamento térmico e fronte a condensacións, segundo norma NBE.CT-79, útil para peritación de edificios construídos con esa morma e comprobación rápida do Kg e condensacións en peches de edificios.
Modelo en 3D da lámpada cúbica, en formatos .3DS .MAX .OBJ e .POV, xunto con texturas para o seu modelado.
Vista en planta dun coche Toyota Prius II para o seu uso coma ambientación en planos de situación ou similares, en formato .DXF para programas de CAD.
Tipografía Anxo en formatos .TTF e .OTF.