CINE

Páxina         adicada ó cine en anxo.org                   -            Non         quedes todo o tempo diante do ordenador e disfruta do encanto do mellor         cine...          -                   Non deixes de facer suxerencias sobre estas páxinas.

Cine, cine, cine, máis cine por favor...

Nesta páxina podes ollar unha selección de películas que coido que son interesantes, tendo nela unha selección de obras imprescindibles para un aficionado ó bo cine e outras que son boas películas. A selección é totalmente persoal, subxectiva i exposta a trocarse en calquer intre... e ti tamén podes opinar sobor dela mandando unha mensaxe a anxo@anxo.org

Tamén poderás olla-lo comentario que me merecen algunhas destas obras, e unha interesante escolma de enlaces a páxinas de cine do mellor da rede

 

Películas imprescindibles

Director

Comentarios

Dersu Uzala

Akira Kurosawa

Obra sensible, emocionante,ben dirixida e ben interpretada.

Azul

Krzysztof Kieslowski

Combina unha excelente fotografía ca musica dun xeito emocionante

O ceo sobre Berlín

Wim Wenders

Fabula que explora as esencias da vida humana cunha notable mestría no modo narrativo.

O verdugo

Luis García Berlanga

Humor negro, sarcastico e amable

A Soga

Alfred Hitchcock

Obra onde o mestre do suspense amosa o mellor do seu arte.

Blade Runner

Ridley Scott

Un dos clásicos do cine futurista, cunha das mellores escenas de inicio dunha película

A lucerna vermella

Zhang Yimou

Unha película excelente do cine da quinta xeración da escola de cine de Pequín

O padriño

Francis F. Coppola

Triloxía sobor da evolución dunha familia mafiosa

Cidadán Kane

Orson Welles

A ascensión dun home ata chegar ó cume no social e o fondo no persoal.

A noiva de Frankenstein

James Whale

Un clásico do cine de terror, que fala da amizade, da soidade, dos prexuicios...

 

Películas interesantes Director Comentarios
Ringu Hideo Nakata  Auténtico terror. Un clásico moderno.
Nigth on earth Jim Jarmusch Especialmente divertido o episodio protagonizado por Roberto Beningni
Abre os ollos A. Amenabar Segunda obra do xenial director da nova xeración de cineastas en español.
Alguén voou sobor do niño do cuco Milos Forman  
As uvas da ira John Ford  
O Paciente Inglés Anthony Minghella  
Vida de Brian Monthy Pyton Divertidisima satira contra a relixión, a politica, os independentismos...
Ordet Carl Theodor Dreyer  
Casablanca Michael Curtiz Clásico entre os clásicos
Candilexas Charlie Chaplin  
En busca do lume Jean-Jacques Annaud Expresiva película sen dialogo ambientada nos inicios da humanidade.
Lawrence de Arabia David Lean  
Jonny colleu o seu fusil Dalton Trumbo Reflexión sobor da guerra, os sentimentos, a infancia, a amizade...
Cantando baixo a choiva Stanley Donen O único musical que me gusta realmente
O terceiro home Carol Reed  
Martín (H) A. Aristarain Estupendos dialogos, estupendas interpretacións e boa historia
Happiness Todd Solondz  
O sol do marmelo Víctor Erice Unha historia sobor da experiencia de pintar de Antonio Lopez
O Manantial King Vidor A mellor pelicula de arquitectos
Rachando as ondas Lars Von Trier  
Gatacca Andrew Niccol  
El hijo de la novia Juan José Campanella  

 

Curtametraxes Director

Comentarios

Mamasunción Chano Piñeiro Un dos clásicos do cine galego
O matachin Jorge Coira  
El sedcleto de la tlompeta Javier Fesser Desternillante, dinámica e imaxinativa

 

Juliette Binoche en "Azul"

A escolma de títulos anterior é totalmente persoal e subxectiva, e resposta ás miñas preferencias e refírese a películas que teño visto. Podes opinar sobre a selección, propoñer películas, etc. enviando unha mensaxe a anxo@anxo.org

Esta páxina actualízase e amplíase dende o día 8 de outubro do 1998.