RESEÑA Información creada polos redactores de CulturaGalega.org para introducir sobre quen son eu ós seus visitantes.

 

Anxo Reseña sobre min aparecida o 21/09/02 na edición dominical do portal  www.culturagalega.org coma introducción a unhas recomendacións sobre páxinas que visitar.

 

Anxo Sánchez é arquitecto, e non só remata aí o que hai que decir del xa que é unha persoa con moitas outras capacidades e sensibilidades, como o xornalismo ou a fotografía. Ademais ten unha boa relación coa rede que o leva a recomendar unha larga lista de páxinas para visitar.

 

Definir o que fai Anxo Sánchez (Lugo, 1973) é como querer poñer coto ó infinito. Porque o que fai Anxo é abranguer diferentes artes, disciplinas e facer delas unha forma de vida. Estudiou Arquitectura na Coruña, e sen embargo o seu devir profesional non sempre vai neste camiño, en parte pola propia dinámica da profesión. Entre os encargos que lle van xurdindo, compaxina ós traballos como infografista para outros arquitectos, co de bibliotecario na delegación de Lugo do Colexio Oficial de arquitectos de Galicia, onde elabora propostas de intervención urban de acordo ó convenio entre o Colexio e o Concello de Lugo, e tamén leva adiante o seu traballo controlando obras para a "Entidad para el control de la Calidad en la Construcción Galicia-Asturias".
Pero como traballador todoterreo que é e persoa con inquedanzas tamén ten feito certos escarceos co xornalismo, formou parte da equipa de Xanela da Cultura, e como articulista de opinión sobre a arquitectura colaborou desde o primeiro número no suplemento "Descubrir" de O Correo Galego, e é membro fundador da revista "Apátrida Arquitectura". A todo iso hai que engadir a súa afección á fotografía artística.

Entre os seus últimos traballos rematados está o anteproxecto dunha rehabilitación da casa preto de Begonte, unhas propostas no marco dun convenio entre o COAG e o concello de Lugo. Eso si, segue agardando ter "oportunidades como arquitecto para facer ARQUITECTURA, así, con maiúsculas".

E a informática é unha parte do seu traballo, en parte polos consabidos programas que emprega no seu quefacer diario (autocad, 3D-Studio, Presto, CypeCAD), pero non remata só aquí, en parte polos seus propios intereses. O deseño de webs é outra das súas afeccións, ás que deberíamos engadir o cine, na que pertence ó colectivo Fonmiñá que é o organizador da Semana de Cine de Autor de Lugo e foi co-organizador da I Xornada de Cine Apátrida Arquitectura durante a súa época de estudiante na Coruña. Con web propia que lle ten facilitados certos traballos, emprega a rede desde hai máis de sete anos, como unha ferramenta imprescindible no día a día, "na procura de información especializada, arquivos, normativa ou simplemente entretemento". E non só iso senón que atende "as comunicacións por correo electrónico ou entro no IRC-Hispano a conversar con xente (usualmente na canle #Galiza e nalgunhas nas que falan de cine)".