Partindo dun pequeno alpendre de "fin de semana" que constaba dun espazo de garaxe e un salón, mediante unha ampliación unida a este crease unha vivenda de tres dormitorios cun amplo espazo de salón-comedor-cociña directamente relacionado co espazo natural circundante.
Mantívose o volume existente e engadiuselle un novo, mellor orientado, que serve de ampliación do anterior. Realizándose ademáis melloras en fachadas, cubertas e a renovación de tódalas instalacións e terminacións interiores
Coma resultado obtense unha vivenda amplia, luminosa, ben integrada no contorno e onde vivir cómodamente.